"PRESERVING KARST AND PSEUDOKARST CAVES"
PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE E OBXECTIVOS
As Xornadas de Protección das Covas organízanse atendendo aos seguintes obxectivos:
● Fomentar a protección das covas e a espeleoloxía responsábel como parte da campaña da ECPCFSUE.
● Informar do marco legal-proteccionista vixente na nosa comunidade.
● Amosar actuacións que se están a desenvolver en Galicia, en materia de protección de covas e dos seus valores naturais, xeolóxicos, biolóxicos e patrimoniais
● Fomenta-lo eido da protección técnica e promove-la organización dun proxecto de recuperación pro 2010 no seo da FGE.
● Promover a organización da vocalía de protección da FGE, na liña estructural do ECPC, pra facilita-la notificación e xestión de actuacións relativas á protección do carst, pseudocarst, e das covas.
A ORGANIZACIÓN
O Clube Espeleolóxico Maúxo (CEM) é un clube de espeleoloxía constituído en 1992, entidade privada sen ánimo de lucro que ten entre os seus fins o estudo das cavidades naturais cársticas e non cársticas, as cavidades artificiais, así como a protección das mesmas e do seu patrimonio natural, xeolóxico, arqueolóxico e antropolóxico asociado.
O CEM está adscrito á Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) e mais a Federación Española de
Espeleología (FEE) dende 1994 e tamén á Commission for Pseudokarst, Department of Scientific
Research International Union of Speleology (UIS) dende maio de 2006, logo de colaborar con este comité dende 1998. É membro do Technical and Scientific Cave Protection Work Team, European Cave Protection Commission - Federation Speleologique de l'Union Europeenne (FSUE) dende a súa constitución en outubro de 2007.
Desenvolve a súa actividade científico-espeleolóxica no pseudocarst e no carst subglaciar co Instituto Universitario de Xeoloxía “Parga Pondal” (IUX) da Universidade de A Coruña (UDC), en calidade de investigador asociado.
DATAS E LUGAR DE CELEBRACION
As Xornadas de Protección das Covas celebraranse en VIGO, os días 6 e 7 de xuño de 2009, fin de semana máis achegado ao WED2009.
As presentacións e sesións de traballo desenvolveranse o 6 de xuño, no VERBUM-CASA DAS
PALABRAS, na Avenida de Samil. As actividades de campo celebraranse o 7 de xuño, con visita á paraxe e cova de O Folón no Monte Maúxo, cavidade pseudocarsáica para a que se iniciou o expediente de declaración de Monumento Natural no 2007.
PREINSCRICIÓN E RESERVA
Co obxectivo de organizar axeitadamente a actividade, requírese preinscrición das persoas participantes.
Será suficiente notificar vía mail (mauxo@mauxo.com) a relación de participantes federados e clube ao que pertencen no seu caso. Se require licencia da Federación Galega de Espeleoloxía en vigor pro 2009.
A data límite de preincripción e o 22 de maio de 2009.
As comidas e ceas son libres e a conta das persoas participantes, máis por comidade, a organización ten previsto facer reserva nun dos restuarantes próximos ao Verbum. As persoas interesadas en que se lles faga reserva deberán sinalalo no mail.
O aloxamento corre a cargo das peroas participantes. A modo informativo, sinálanse por proximidade os campings situados na propia Avenida de Samil.
* Enviado por email
No comments:
Post a Comment